Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

F.S. Redondela quere prolongar a boa racha en Gondomar cun resultado positivo

RR_Noticias

Coa inxección de moral que supuxo a vitoria ante o Verín da pasada xornada, os de Manuel Otero busarán sumar tamén ante o Cereixa. Os de Gondomar, co obxectivo do ascenso, serán un rival difícil, pero os redondeláns son optimistas.

Fran Iglesias, directivo do club, sinala que viaxarán conscientes da dureza do encontro, pero  “optimistas” e confiados tamén nas súas opcións ante o segundo clasificado da Liga Galega Su. O Redondela F.S vén de reforzarse nas últimas semanas coa incorporación de dous xogadores importantes: o veterano Miguel Conde e Borja, ex xogador redondelán. A saída de Juan Puertas facía necesario “cubrir ese oco” coa incorporación dalgún efectivo, e estas dúas fichaxes están a dar un excelente rendemento no equipo. Para o partido do sábado co Cereixa agardan poder contar con todos os xogadores, nunha cita que se disputa ás 17.00 horas no Polideportivo de Gondomar. Deporte feminino En canto ao fútbol sala feminino, Iglesias amósase “moi orgulloso” das xogadoras do Redondela F.S., perfectamente integradas nos equipos das categorías inferiores no club. Aposta porque esa “normalidade” se dea tamén nas categorías absolutas, onde as mulleres teñen que superar aínda “moitas barreiras”. De feito, a selección galega de fútbol sala disputou onte un encontro ante Cataluña por primeira vez despois de 19 anos. Iglesias fai un chamamento a clubs e institucións para que traballen na integración das mulleres no deporte “en plena igualdade”.    

Fran Iglesias directivo do Redondela F.S.
O equipo vén de reforzarse con dous xogadores de garantías como son Miguel Conde e Borja.
Cereixa-Redondela F.S.
O club confía en sacar un resultado positivo do partido do sábado en Gondomar.
Fútbol Sala Feminino
Iglesias aposta por normalizar o deporte feminino e insta ás institucións a favorecer a integración das mulleres en plena igualdade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará