Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Grupo Casa Paco cede o seu museo ao Concello de Redondela

RR_Noticias

Trinta e cinco anos de historia do grupo e do deporte local que se reflicten nos numerosos obxectos que compoñen o seu museo e que pasarán a mans do concello, como exemplo dunha das entidades deportivas máis importantes de Redondela. Parte dese legado pódese visitar até o 31 de marzo no Multiusos da Xunqueira.

O responsable do club, Manuel Conde, aproveitaba a inauguración desta mostra na que se recollen imaxes fotográficas, recortes de prensa, trofeos e camisetas entre outros obxectos para anunciar que cede ao Concello a titularidade do museo, actualmente ubicado no antigo restaurante Casa Paco. O obxectivo é ubicalo noutro espazo que permita a súa exposición e mellor acceso apra todos os que queiran visitalo. O alcalde recollía a encomenda e anunciaba que a partir de agora iniciarán o proceso de estudar onde instalar todo ese material que Conde foi reunindo ao longo deste 35 anos de historia da institución, pola que pasaron xeracións de nenos e nenas, algúns deles xa avós a día de hoxe.    

Manolo Conde Casa Paco
Anuncia a decisión de ceder o museo ao Concello
Javier Bas alcalde
Comprométese a buscarlle ubicación
Julio Mougán edil de deportes
Convida a visitar a mostra que estará exposta ata finais de mes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará