Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Samertolameu faise co XII Memorial Paco Fenosa

RR_Noticias

O litoral de Chapela acolleu onte o Memorial Paco Fenosa de Traiñeiras, coa participación de 24 embaracións chegadas de toda Galicia. Na categoría absoluta os de Meira impuxéronse a Mecos e Tirán, que ocuparon a segunda e terceira praza. Nos Veteranos os de Chapela foron primeiros.

A proba, cun percorrido algo superior aos 5.000 metros, foi unha festa do remo para a parroquia. Os deportistas dos diferentes clubs galegos déronse cita para “medir forzas” na categoría raíña do remo neste inicio de temporada. Na xornada previa, o sábado, disputouse outra cita do calendario galego de bateis coa VIII Bandeira Concello de Bueu. Na categoría masculina a bandeira foi para os organizadores, o Mar de Bueu, e na feminina para Vilaxoán. Os clubs redondeláns fixéronse con dúas medallas: bronce para Chapela na categoría Xuvenil Feminina e prata para Cesantes na Infantil Masculina.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará