Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Camelias e poemas para celebrar a Rosalía

RR_Noticias

A praza do Concello acolleu na mañá de hoxe un acto homenaxe co gallo do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. A nosa escritora máis universal foi celebrada coas voces dos máis pequenos, nenos e nenas do IES Illa de San Simón encargados de poñerlle voz aos seus poemas. O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, salientou a necesidade de celebrar a Rosalía “un emblema, unha bandeira que significa a nosa esperanza, a nosa ilusión dun horizonte dunha Galicia digna, dunha Galicia próspera, dunha Galicia libre”.

A poalla acompañou o acto celebrado na maña de hoxe ás portas do concello e que serviu para lembrar a figura de Rosalía en toda a súa amplitude e dimensións (humana, literaria, intelectual, lingüística, comprometida…). Un acto que contou coa participación da Concelleira de Cultura, Teresa París e o alcalde Javier Bas, quen estiveron acompañados do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira que lembrou que “hai 180 anos naceu unha ilusión, un sono, unha esperanza que seguen vivos hoxe en Galicia e se estenderon por todos os territorios”. As mozos e mozas do instituto Illa San Simón foron os encargados de poñer a voz e interpretar os textos da escritora nun acto que clausurou a música dos gaiteiros interpretando o Himno de Galicia.  

Anxo Angueira presidente Fundación Rosalía
Fixo unha reflexión en torno á figura da homenaxeada
Javier Bas alcalde
Afondar na defensa da cultura e idioma galegos
IES San Simón
O alumnado recita a Rosalía

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará