Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O espazo Mínima Expresión acolle a obra “Heroes” de Ignacio López

RR_Noticias

Décimo segunda intervención no espazo Mínima Expresión que presenta unha mostra da obra artística do autor Ignacio López, que ten por titulo “Heroes”. Un compendio de obras gráficas onde o artista dá renda solta á súa arte intuitiva. A instalación permanecerá exposta durante os meses de marzo e abril de 2017.

Ignacio é un infatigable artista editor de colaxes onde combina distintos materiais; xoguetes, cables, pedras, recortes de revistas, diarios e un etcétera aberto ao azar. Calquera destes engadidos teñen para o autor, “a mesma importancia que a pintura”.
A Discotasca o colectivo Pitrina apostan dende o ano 2015 por un espazo artístico de tamaño reducido (seguramente o máis pequeno do mundo) para achegar a arte ao público en xeral.
Lembramos que o espazo expositor é o interior dunha neveira dos anos 70 rehabilitada e instalada na fachada do bar Discotasca na rúa Pai Crespo de Redondela. O seu obxectivo é achegar a arte a todo tipo de público, dun xeito divertido e didáctico.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará