Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela acolle o XII Memorial Paco Fenosa

RR_Noticias

O C.R. Chapela organiza esta domingo, día 5, o descenso de traiñeiras en memoria do que fora o primeiro presidente do club de remo. Participarán embarcacións de toda Galicia nas categorías masculina, feminina e veteranos, nun circuito de cinco quilómetros.

A regata comezará ás 12.00 horas, con saída no paseo de Cardona. Julio Prado, presidente do club de remo, confía en igualar a participación de embarcacións do ano pasado, con máis de vinte traiñeiras. A proba, cun percorrido algo superior aos 5.000 metros, quere ser unha festa do remo para a parroquia. Os deportistas dos diferentes clubs galegos danse cita para “medir forzas” na categoría raíña do remo neste inicio de temporada. A campaña de remo comezou este mes para o club de Chapela co Campionato Territorial Sur de Bateis. Na regata da pasada fin de semana, a Bandeira Concello de Moaña, colleitaron catro medallas: ouro na categoría absoluta feminina, e bronce en xuvenil feminino, e alevín e absoluto masculino. Antes do Memorial Paco Fenosa terán outra cita do calendario galego de bateis coa VIII Bandeira Concello de Bueu, o sábado 4 de marzo. Os obxectivos do club de Chapela para esta temporada pasan por clasificar ás embarcacións femininas para o Campionato Galege e o estatal. Na categoría masculina aspiran a competir a nivel autonómico co barco da absoluta. Con todo, Prado advirte que acadar bos resultados é cada vez máis complicado xa que todos os clubs se reforzan e son cada vez máis competitivos.
Liga Galega Feminina
Onde teñen postas todas as súas ilusións é na Liga Galega Feminina de Traiñeiras, que este ano podería bater unha marca e contar con ata sete embarcacións. Os éxitos do remo feminino galego en probas como a Bandeira da Concha, e as innovacións tecnolóxicas, están a favorecer que o remo feminino conta cada vez con máis deportistas. Na ría de Vigo, ademais de Chapela, podería sumarse Tirán, ás que habería que engadir as tripulacións de Mecos, Cabo de Cruz, Cabana Ferrol, Perillo e Ribeira.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará