Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Silencio en lembranza de Sesé

RR_Noticias

Unhas mil persoas percorreron hoxe nun respectuoso silencio a parroquia de Chapela en repulsa polo asasinato de Mª José Mateo “Sesé” a mans da súa ex parella na explosión do pasado luns no barrio de Pousadoura. Un acto convocado polo concello de Redondela e que se suma aos dous días de loito decretados pola institución local que queren ser unha condena rotunda e sen fisuras contra a violencia que se exerce contra as mulleres, así como render homenaxe a esta veciña de Chapela.

Representantes de todas as forzas políticas con presenza na corporación municipal acompañados da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, o delegado da Xunta en Vigo Ignacio López-Chaves e a deputada provincial Digna Rivas, eran os encargados de abrir a marcha detrás da pancarta “O concello de Redondela rexeita a violencia contra a muller”. Unha manifestación que congregou a unhas mil persoas, veciños e amigos de Mº José así como persoas sensibilizadas na loita contra a violencia que as mulleres sofren polo mero feito de seren mulleres. A marcha, que saía pasadas as sete de tarde dende as Catro Pontes remataba media hora despois na Alameda da parroquia, lugar no que se rompía o silencio coa lectura do manifesto aprobado pola corporación municipal e que supón unha “condena rotunda e sen fisuras contra a violencia que se exerce contra as mulleres”. Un acto enmarcado dentro dos dous días de loito decretados polo Concello en lembranza de Sesé e en solidariedade “cos familiares afectados por este terrible acto e especialmente cos dous fillos e a filla de Mª Jose´”.  

Teresa París edil de Muller
A lectura do manifesto pechou a manifestación de CHapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará