Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Iago Fernández: “O Campito F.S. é un equipo valente e seguiremos medrando”

RR_Noticias

A saída de Fran Amoedo como técnico do Campito F.S. e a baixa de nove xogadores obrigou a facer importantes cambios no club. O presidente, Iago Fernández, exerce esta temporada como adestrador do equipo de Liga Galega. O comezo de liga non foi doado, coa incorporación de xogadores do filial e moitos xuvenís. Pero o traballo deu os seus froitos e a día de hoxe os resultados acompañan ao equipo.

   Co triunfo da pasada xornada en Ourense ante o Mariña Mansa, o equipo suma cinco vitorias consecutivas. E o técnico amósase moi satisfeito. Ao comezo de temporada o obxectivo marcado polo club era o da permanencia, xa que sabían das dficultades coas que ían contar neste campionato polas numerosas baixas. Pero a medida que avanzaba a competición o equipo foi atopando o seu lugar, e a melloría experimentada nesta segunda volta é notable. Ocupan a sexta praza do grupo e son o segundo equipo máis goleador, só por detrás de As Neves, con 94 dianas. Fernández confía en que o equipo siga medrando, e dando entrada a novos xogadores da canteira para “facer equipo” e consolidar o proxecto de cara aos próximos anos. A Liga Galega Sur non descansa na fin de semana do Entroido, e o Campito xogará en Chapela co Beade. Os redondeláns parten como favoritos, ao ter a vantaxe do factor cancha e unha mellor posición na táboa clasificatoria. Os vigueses son novenos, a seis puntos de distancia dos de Chapela, aínda que hai contan cunha xornada menos disputada. O adestrador do Campito anima aos afeccionados do fútbol sala local a acudir ao encontro para apoialos, xa que o rival é un equipo “moi competitivo”. O partido será o sábado ás 16.15 horas no pavillón de Chapela.    

Iago Fernández presidente e adestrador do Campito F.S.
O técnico recoñece que o comezo de liga foi difícil polos numerosos cambios. Na segunda volta o traballo deu os seus froitos e melloraron moito os resultados.
Consolidar o equipo
O obxectivo do club é consolidar o equipo e rematar a liga o mais arriba da táboa posible.
Campito-Beade
Fernández advirte que o rival é un equipo moi competitivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará