Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dous goles de Gabi Misa dan a vitoria ao Choco

RR_Noticias

Protagonismo para o xogo a balón parado no partido disputado en Santa Mariña, con Gabi Misa como artificieiro. O futbolista do Choco anotou dous goles na vitoria do equipo de Redondela ante o Negreira. Suma así catro triunfos nos últimos seis partidos, o que permite ao equipo situarse na décimo cuarta posición, cunha marxe de cinco puntos sobre o descenso.

Terceira División

Choco 2-0 Negreira
Marcos Montes apostou por Félix de dianteiro centro con Ricar na banda, por mor das molestias físicas de Silva. O primeiro tanto de Gabi Misa chegou a nove minutos para o descanso, cando transformou unha falta dende a frontal da área. Na segunda metade houbo que agardar case media hora para ver como os redondeláns ampliaban a marxe. Ricar adiantouse ao defensa na área cando ía despexar, e atopou a perna do atacante local. Pena máxima e transformación de Gabi Misa. O Choco, paso a paso, afástase da zona baixa. O domingo no campo do Barbadás, da metade da táboa.
Choco: Cortegoso, Gonzalo, Javi González, Lucas, Gándara, Alberto Suárez (Moli, min. 84), Marcos Pérez (Caloi, min. 64), Gabi Misa, Comis, Ricar (Silva, min. 73), Félix.
Negreira: Mario Barreiro, Pignol, Rendo, Roberto Amoedo, Santaló, Cao, Cea (Pedrosa, min. 80), Juan López (Liñares, min. 67), Tato (Sergio González, min. 59), Betúa, Stefan.
Goles: 1-0, min. 36: Gabi Misa; 2-0, min. 73: Gabi Misa, de penalti.
Segunda Autonómica

Louro 1-1 Choco B
Reparto de puntos no campo do Louro, que deixa ao Choco B na terceira praza. O domingo reciben en Redondela ao Sampaio, da parte baixa da táboa
S. Andrés 1-5 Arcade
O Arcade goleou a domicilio ao S.Andrés, o que lle permite manterse nunha posición cómoda da táboa. O domingo poderán seguir sumando, reciben ao Vilagarcía, pechacancelas do grupo.
Terceira Autonómica

Atl. Vilar 0-2 Peña Beretes
Sorpresa no derbi local coa vitoria do Peña Beretes, que deixa de ser o pechacancelas do grupo, posto que ocupa agora o Alcabre, mentres que o Vilar se afunde un pouco máis. A próxima xornada o Vilar descansa, e o Beretes Chapela recibe ao Peñasco.
Vincios 1-1 Chapela
Reparto de puntos logo do duelo no cumio, e a cabeza da táboa segue como estaba, cos dous equipos liderando a táboa empatados a puntos. Na próxima xornada o Chapela recibe ao Casabranca, nas últimas posicións
E. Dorada 0-8 Cesantes
Os redondeláns manteñen a terceira praza do grupo logo de golear ao pechacancelas. Na próxima xornada reciben ao Cuntis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará