Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marcial Pérez: “Non imos permitir que se abra o terceiro carril mentres non se faga o colexio”

RR_Noticias

A construción do novo colexio adíase ata o curso 2019-2020 malia que o novo carril da AP-9 que discorre a carón do edifico do colexio Igrexa está practicamente rematado. Os veciños aseguran que non permitirán a súa apertura ata que os nenos sexan trasladados “porque o primeiro é a seguridade”. Dende a Asociación de Veciños e o resto de colectivos convocante animan a toda a cidadanía a sumarse á mobilización que mañá partirá ás 19:00 horas dende a rotonda de acceso a AP-9.

As noticias recibidas onte da man dos conselleiros de Educación Román Rodríguez e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do territorio, Beatriz Mato sentaron como un xerro de auga fría sobre os colectivos de Chapela. A Xunta asegura que a lei express que permitiría axilizar os trámites para a construción do novo colexio Igrexia non se pode aplicar neste caso polo que agora hai que comezar de novo todos os trámites adiando ata o curso 2019-2020 a apertura do novo centro. “Non é de recibo o trato que estamos a recibir, dende as Consellerías non se fixo nada para avanzar e agora, logo de varios anos de obras, hai que comezar os trámites de novo” explica molesto o presidente da Asociación de Veciños de Chapela, Marcial Pérez. Insisten en que ante este novo adiamento en ningún caso van permitir que se abra o terceiro carril da autoestrada que descorre pegado ao colexio “o prioritario é a seguridade dos nenos, e ningún muro aínda que sexa de formigón nos garante que ante un posible accidente un camión non acabe incrustado no centro”. Entenden na Asociación de Veciños, do mesmo xeito que na ANPA e na asociación de afectados, que este é un motivo máis para que ninguén quede na casa na xornada de mañá e participe na mobilización que arrancará ás 19:00 horas na rotonda de acceso a AP-9. “Confiamos en que o pobo se levante porque se están a incumprir as promesas constantemente, estannos tomando o pelo cando todo se solucionaría soterrando 800 metros de autoestrada”. Un custe asumible ao entender de Marcial Pérez que o compara co investimento que suporía a construción dun parking soterrado.  

Marcial Pérez AVV Chapela
Non permitirán a apertura do carril ata o traslado do centro
Garantir a seguridade
Un muro de formigón non evitaría un impacto contra o centro
Manifestación
Os veciños sairán a rúa este venres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará