Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de portas abertas no Centro de Día, que entrará en funcionamento en xaneiro

RR_Noticias

O conselleiro de Política Social, Manuel Rey Varela, visitou esta mañá Redondela para asinar co alcalde, Javier Bas, o convenio de colaboración para a xestión e financiamento do centro. O mércores, día 28, haberá unha xornada de portas abertas para que os veciños poidan coñecer a instalacións e informarse. En xaneiro recibirá aos primeiros usuarios.

Tras máis de catro anos de espera, o Centro de Día de Cesantes entrará en funcionamento o próximo mes de xaneiro. As instalacións acollerán nuns días aos seus primeiros usuarios, que serán un total de vinte maiores nesta primeira fase. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, explicou que o centro irá acollendo a usuarios de xeito paulatino para que a posta en funcionamento sexa fluída e “sen colpasos”. Para que os veciños poidan coñecer as instalacións e informarse dos servizos que ofrece, celebrarase unha xornada de portas abertas o mércores, día 28, de 9.30 a 17.30 horas, que se repetirá o 4 de xaneiro. Susana Seoane, directora do centro, anima aos veciños e colectivos a achegarse ás instalacións “para recibir todo tipo de información” e coñecer o centro. O resto dos días poden visitar o centro en horario de 10.00 a 12.00, de luns a venres. Sinatura do convenio O conselleiro de Política Social, Manuel Rey Varela, visitou esta mañá Redondela para asinar co alcalde, Javier Bas, o convenio de colaboración para a xestión e financiamento do centro. A Xunta investiu na súa construción 2.291.653 euros e máis de 32.000 euros destinados á preparación do centro para a súa posta en funcionamento. Na súa intervención, Rey Varela, agradeceu a rexedor e ao concello o seu interese e disposición para que este convenio puidera saír adiante e “dotar a Redondela dun recurso asistencial para os maiores moi necesario”. O conselleiro tamén quixo agradecer ao Consorcio e a Cogami, que xestiona as instalacións, o traballo realizado. Este acordo asínase ao abeiro do convenio marco subscrito entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Segundo se recolle no acordo, o Concello contribuirá ao financiamento dos gastos de funcionamento deste centro de atención diúrna, achegando un importe de 2.500 euros ao ano por cada unha das prazas ocupadas por usuarios empadroados en Redondela.

Javier Bas alcalde de Redondela
O rexedor agradece o esforzo da consellería e o Consorcio para a posta en funcionamento do centro.
Manuel Rey Varela conselleiro de Política Social
O conselleiro xustificou o atraso na posta en marcha do centro polas numerosas citas electorais.
Perfecto Rodríguez xerente do Consorcio Galego
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar explicou que o centro abrirá con capacidade para 20 usuarios.
Susana Seoane directora do centro
A directora anima aos veciños e colectivos a achegarse para coñecer as instalacións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará