Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Torneo de Nadal no Centro Cultural de Redondela para inaugurar as remodeladas instalacións

RR_Noticias

A directiva da entidade quere dar a coñecer a pista de herba artificial acondicionada nos baixos do edificio e que permite aos usuarios a práctica de deportes como o tenis, fútbol e balonmán. Por ese motivo organizan na vindeira semana o I Torneo de Nadal Multideporte no que poden participar rapaces de entre 4 e 16 anos. E sen límite de idade organizan este venres un campionato de xadrez en colaboración coa asociación galega deste deporte.

O Centro Cultural de Redondela abrirá as súas portas hoxe venres a todos os interesados en facerse socios e participar nos torneos deportivos que se desenvolverán a próxima semana na pista de herba artificial recentemente instalada na primeira planta do edificio. Os torneos que terán lugar nas instalacións son de tenis, fútbol 3 e balonmán 3. O presidente do Centro Cultural, Daniel Virulegio, insiste na idea de abrir a entidade a toda a cidadanía e colaborar na promoción da cultura e o deporte, polo que tamén este venres organizan no centro o I Torneo de xadrez, de 17 a 18.30 horas, que continuará a semana próxima. E xa máis vinculado con estas datas, Virulegio anima aos veciños a “coñecer os salóns do centro” e achegarse aos bailes de Fin de Ano e Reis, aos que tamén poderán asistir non socios.  

Daniel VIrulegio Centro Recreativo
Animar aos veciños a achegarse a coñecer as novas instalacións
Festas para socios e non socios
Celebrarán Fin de Ano e os Reis con festas para todos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará