Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As redondelás Lucía Vázquez e Lara Patiño gañan o Torneo IV Nacións coa selección galega

RR_Noticias

As xogadoras da SAR do equipo de División de Honra foran convocadas coa selección galega absoluta feminina de balonmán, que participou no Torneo IV Nacións disputado en Granollers. O combinado galego impúxose ás seleccións de Cataluña, Euskadi, e Alxeria.

Euskadi 23-33 Galicia
A selección galega absoluta feminina proclamouse onte campioa do Torneo IV Nacións disputado en Granollers. Tras vencer a Cataluña B na semifinal onte xogaron a final contra a selección de Euskadi que á súa vez eliminara ao equipo de Cataluña. Durante os primeiros minutos o dous equipo fóronse intercambiando goles. Tras varias paradas de Lucía, gardameta da SAR, as galegas conseguiron unha vantaxe de tres goles aos quince minutos de partido (5-8). Despois dun tempo morto solicitado polo adestrador das vascas, o xogo equilibrouse e conseguiron empatar a 10 goles. Abel Estevez reaxustou a defensa e conseguiu ir ao descanso cunha boa vantaxe (11-17). Na segunda parte as galegas seguiron imparables en ataque e Euskadi baixou os brazos. A defensa galega e a porteira foron un muro insalvable para as de Euskadi, que sufriron unha dura derrota.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará