Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Critican a ausencia de cancións en galego na megafonía de Nadal instalada polo Concello

RR_Noticias

O colectivo redondelán  “Con eRRe de Galego” denuncia a ausencia de música en galego nas emisións do fío munisical de Nadal instalado nas rúas de Redondela. Por ese motivo presentaron no rexistro do concello un escrito no que demandan que se incorpore a esta selección musical “panxoliñas galegas para, como mínimo, igualar ás emitidas en castelán”.

Critica este colectivo que “o fío musical imposto polo consistorio en toda a vila de Redondela con motivo da festividade do Nadal, alén de constituír un elemento máis próximo á tortura que ao incentivo do consumo ou celebración das festas, inclúe unha elección musical que é unha mostra da falta de apego que o Concello de Redondela ten polo idioma”.
Neste sentido poñen como exemplo que o sábado 17 de decembro nun período de dúas horas contabilizáronse o número de cancións e o seu idioma confirmando a súas sospeitas xa que nese tempo “emitíronse un total de 28 cancións da cales 15 foron en español, 9 en inglés, 1 instrumental, 1 nun idioma descoñecido e 2 en galego. Isto é, as cancións en galego representaron menos do 8% das emisións”.
Ademais de criticar a calidade dos temas emitidos, “denunciamos, sobre todo, a irrisoria presenza do galego nos autofalantes. Resulta insultante que en case dúas horas de emisión só se puideran escoitar dúas cancións en galego” e critican ao goberno local por entender que “a (non) presenza do galego na banda sonora do Nadal redondelán é unha decisión política”.
O colectivo convida ao Concello a que rectifique na súa elección musical da vila e incorpore as panxoliñas galegas necesarias para equiparar, no mínimo, ás radiadas en español.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará