Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O redondelán Manuel Puga, novo presidente da Fundación Penzol

RR_Noticias

O Padroado da Fundación Penzol deu a coñecer a elección do seu novo presidente en substitución de Afonso Zulueta de Haz que, debido aos seus problemas de saúde e segundo a institución “leva un tempo imposibilitado para desenvolver o seu cargo” e que a partir de agora pasará a ser presidente de honra. Diante desta situación, o Padroado, por unanimidade, elixiu para o seu relevo a Manuel Puga Pereira (Redondela, 1951), cuxa vida profesional se desenvolveu nos primeiros anos na USC para despois incorporarse ao mundo industrial onde foi director xeral dos Laboratorios Farmacéuticos ICI-Farma e AstraZeneca.

No ano 2006 é nomeado Presidente do Consello Social da USC, cargo que desempeñou ata 2014, e consecuentemente membro, entre outras entidades, do Consello Galego de Universidades, do Consello de Dirección da ACSUG ou do comité de honra da Fundación Camilo José Cela.
Foi presidente da Fundación Galicia-Empresa (2002-2007) e preside desde 2014 a Academia de Farmacia de Galicia e a Fundación Julian Francisco Suárez Freire. Dende 2014 forma parte como Vogal Profesional da Comisión Avaliadora da ACSUG no eido do coñecemento de Ciencias da Saúde. E tamén é conselleiro da Editorial Galaxia.
Escribiu múltiples artigos e tamén os libros “Ernestina Otero: pedagoga”, “Redondela” e “Redondela e os redondeláns na obra de Diego San José”. Tamén é autor da publicación das primeiras monografías de medicamentos en galego no Colexio Farmacéutico de Pontevedra.
A Fundación Penzol, ligada á editorial Galaxia, creouse en 1963 en Vigo coa idea de dotar a cidade dunha biblioteca que entón non tiña. Situada na Casa Galega da Cultura, é punto de encontro de investigadores, alumnado e persoas interesadas pola cultura galega.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará