Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O deporte redondelán despide o ano cunha cita festiva e solidaria coa I Carreira Popular de Nadal

RR_Noticias

O vindeiro día 24 de decembro, ás 17:00 horas, terá lugar a I Carreira Popular de Nadal Redondela Solidaria, cun percorrido urbano de 4 quilómetros. Esta proba está aberta a público de todas as idades, e ten carácter festivo e popular. Co gallo da cita organízase unha recollida de xoguetes novos, co obxectivo de que todos os rapaces de Redondela poidan xogar este Nadal.

O concelleiro de Deportes, Julio Mougán, salientou que este 2016 ten sido “moi positivo” a nivel deportivo en Redondela, polo que desde o Concello propoñen esta carreira como “un gran peche de ano”. Agradeceu a colaboración do club de atletismo CAR de Redondela na organización da proba, e agarda que todas as entidades deportivas das diferentes disciplinas do municipio participen. Non haberá clasificación nin cronometraxe, e as prazas están limitadas a 250 participantes. A inscrición é de balde e xa está aberta, a través de www.redondela.gal, presencialmente no departamento de deportes do Concello, e na zapatería Susuela. Desde CAR animan a todo o mundo a participar nesta cita deportiva e festiva, para que todos os clubs “despidan xuntos o ano”, como explica Paco Otero, o seu presidente. O circuito será urbano, con saída e meta diante do Concello, e chegará desde a zona da explanada de Seragua ata a praza da Farola, con dúas voltas “ata completar un percorrido duns catro quilómetros” como explica Jose Manuel Quinteiro, da directiva de CAR. A retirada de dorsais será unicamente na tarde da proba, nos soportais do Concello de Redondela, dende as 15:30 ata as 16:30 horas. A proba finalizará ás 17:50 horas. Habilitarase, para quen así o desexe, unha recollida de xoguetes novos para que toda a rapazada redondelá poida xogar este Nadal. As persoas participantes contarán cun seguro individual de accidentes deportivos. Ao remate da proba haberá chocolate quente para todos os participantes.

Julio Mougán concelleiro de Deportes
Mougán fai un balance positivo de 2016 no plano deportivo e anima a todos os clubs a participar na carreira de Nadal.
Paco Otero presidente do CAR
Otero anima a todos os deportistas redondeláns a participar na proba.
Jose Manuel Quinteiro tesoureiro do CAR
"Pelo" explica o percorrido que será urbano cunha distancia de 4 quilómetros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará