Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o obradoiro de hostalaría Vedugo no que se forman 20 veciños de Soutomaior

RR_Noticias

A Xunta destina preto de 180.000 euros a esta iniciativa mixta de formación e empregro con dúas especialidades: operacións básicas de cociña e servizos de restaurante e bar, no que os 20 alumnos aprenderán de forma práctica unha ocupación encamiñada ao sector da hostalería. O fin deste programa mixto é a difusión da cociña típica do Concello e a promoción de bos hábitos alimenticios para pequenos e maiores. Ademais, coma outra particularidade importante, pretende ofrecer servizo de comedor social en colaboración con Cáritas.

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá, xunto ao alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, aos 20 veciños do municipio que durante os vindeiros 6 meses recibirán formación e emprego a través do obradoiro Hostalería Verdugo.
A Xunta destina preto de 180.000 euros a este programa para o Concello de Soutomaior que xa tivo un precedente similar hai 6 anos co OOEE de Pedro Madruga. Esta formación impulsa tamén o emprendemento xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos. Ademais de recibir esta formación tamén percibirán o salario mínimo interprofesional e un certificado de profesionalidade ao remate do mesmo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará