Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Últimos días de prazo para o pagamento da recollida do lixo e os vados en Redondela

RR_Noticias

O próximo luns, 19 de decembro, remata o prazo para o pagamento en periodo voluntario dos recibos da taxa pola recollida do lixo, a taxa por entrada de vehículos e da taxa pola reserva da vía pública dos taxis neste exercicio 2016.

Os contribuíntes que non recibiran no seu domicilio os recibos para poder facer o pago nalgunha entidadees bancaria, poderán solicitalo na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela, na rúa Ernestina Otero, 35 . Tamén poden descargar o recibo dende a páxina web do Concello www.redondela.es, no apartado de recadación, e mesmo facer o pago “on line”. Finalizado este prazo o cobro realizarase pola vía executiva cos recargos de apremio regulamentarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará