Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela solicita unha ruta alternativa para desviar polo litoral o tráfico pesado de Chapela

RR_Noticias

A moción presentada polo PSOE no último pleno municipal, e aprobada cos votos a favor de todos os grupos da oposición, persegue que se negocie coa Autoridade Portuaria e coa Xunta a posibilidade de derivar o tráfico de camións que se dirixen ao parque empresarial da zona do litoral de Chapela a través da baixada a Aucosa. Solicitarán tamén que se inclúa na obra de remodelación da Avenida de Vigo a creación de prazas de aparcamento, principalmente nos terreos da estación de Renfe. O PP non apoiou a proposta alegando que “as melloras solicitadas xa están en fase de negociación”.

Estímase que diariamente circulan pola Avenida de Vigo entre 80 e cen camións en dirección ás empresas que se atopan no litoral. Dende hai anos os veciños da zona veñen solicitando que se constrúa un ramal polo litoral que una a rúa José Fernández, tamén coñecida como Baixada a Pescanova, coa Baixada a Aucosa. Isto permitiría desviar todo o tráfico pesado que actualmente circula polo casco urbano de Chapela. Afondando nesta idea, os socialistas volveron solicitar ao goberno local que retome as conversas coa Autoridade Portuaria -que ten a competencia sobre os terreos- e a Xunta para que ese ramal sexa unha realidade. A demanda é tan só unha das incluídas na moción presentada polos socialistas, quen critican que a obra que se vai realizar en breve nun tramo da Avenida de Vigo suporá a eliminación de máis de 70 prazas de aparcadoiro “prazas xa de por si insuficientes nunha zona de moita poboación e moitos servizos” motivo polo que entenden que se debería aproveitar esta obra que vai comezar no primeiro trimestre do 2017 para crear novas prazas de aparcamento. A proposta do socialistas pasa por crear aparcadoiros en batería nun lateral da estrada e por negociar con Renfe o uso dos terreos da estación para este uso. Unha demanda que foi aplaudida polos concelleiros de AER e polo edil do BNG, quen salientou a importancia de que a obra da Consellería de Infraestruturas que se vai realizar ao longo dun quilómetro e que conta cun orzamento de 2,3 millóns de euros supoña unha ampliación das beirarrúas, pero sobre todo, insistiu na idea de que é “urxente eliminar o tráfico pesado por unha zona moi poboada e que discorre ao carón da alameda e o parque infantil”. Os populares argumentaron a súa abstención neste asunto alegando que “xa hai conversas que permitirán preparar os terreos de Renfe no entorno da estación para que poida servir de aparcamento”.  

Mauro Alvarez PSOE
Os socialistas presentaron a moción con demandas de mellora na seguridade viaria de Chapela
Xoan Carlos González BNG
Fixo fincapé na necesidade de eliminar o tráfico pesado polo centro da parroquia
José Bernardo Crespo AER
O edil de AER amosou o seu apoio a unha demanda veciñal
Carmen Amoedo PP
Os populares abstivéronse

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará