Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As contratacións do Nadal non chegan a Redondela

RR_Noticias

Todo apunta a que as contratacións para a campaña de Nadal deste ano no sector do comercio están a ser históricas, pero o efecto desta creación de emprego temporal non se deixa sentir en Redondela. Os datos do paro volven ser negativos en toda a comarca con novas altas nas listas do INEM.

Poucos motivos para o optimismo logo de que Redondela encadee dous meses con incremento no número de desempregados, dous meses marcados ademais polas contratacións dunha campaña de Nadal que en toda Galicia xera un total de 13.300 contratos en comercio, hostalaría e loxística e transporte e que na provincia de Pontevedra suporía, segundo as previsións, un 13,3% máis que a cifra de 2015.
Malia estes datos, en Redondela o número de desempregados incrementouse no pasado mes en 17 persoas, sendo actualmente 2154 as persoas inscritas nas listas do paro. Incrementos tamén no restos dos concellos, con dez novos parados en Soutomaior ata un total de 696 e trece novos inscritos en Pazos cun total de 355. En Fornelos de Montes tamén un lixeiro incremento con 192 persoas anotadas, cinco máis que no mes anterior.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará