Hoxe é Luns 6 de Febreiro de 2023
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta compromete unha maior vixilancia nos vertidos da depuradora de Teis en Arealonga

RR_Noticias

A Asociación de empresarios, logo de reunirse coa Directora Xeral de Conservación da Natureza, Ana Díaz López e o Director de Augas de Galicia, Roberto Rodriguez aseguran que existe un compromiso de cara a incrementar o control das augas e vertidos que afectan as depuradoras de Redondela e Teis-Vigo. Preocupa especialmente a de Teis, a escasos metros da Praia de Arealonga e que  causou, durante o pasado verán, importantes perdas económicas aos establecementos hostaleiros da zona de Chapela.

En sendas reunións mantidas cos mencionados cargos amosaron o seu total apoio e comprometéronse a velar polo cumprimento da normativa medioambiental así como un maior control dos vertidos de augas residuais e os desbordamentos da depuradora de Teis. Como primeira medida requirirán aso concellos de Vigo e Redondela informes detallados sobre o funcionamento de ambas depuradoras.
A Asociación de Empresarios mantivera reunións previas co Concello de Redondela e o presidente da Autoridade portuaria de Vigo para buscar solucións a estes vertidos que están a causar problemas na calidade das augas pero a ambos manifestaron non contar cos medios operativos necesarios para atallar esta situación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará