Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Normalización organiza o espectáculo infantil O Aloumiño dunha estrela

RR_Noticias

Un espectáculo de danza-teatro, con música en directo, a cargo da compañía AvouYouja que convida aos bebés de 0 a 4 anos de idade a interactuar a través dos estímulos sensoriais. A actividade, que se desenvolverá o próximo xoves 8 de decembro, é de balde pero cómpre inscribirse a través do correo electrónico normalizacion@redondela.es ou do teléfono 986400106.

A música, interpretada en directo, de “Claro de Lúa” (do compositor Claude Debussy), serve como fío condutor sonoro da peza, que tamén está complementada por temas da música tradicional galega.
O arquitecto e deseñador galego Leandro Lamas, construíu para o espectáculo unha estrutura domo con canas de bambú coa que crean as diferentes paisaxes que se suceden na composición.
O espectáculo celebrarase o xoves 8 de decembro, ás 18:00 h, no auditorio da Xunqueira, con entrada de balde, e está destinado a bebés, de 0 a 4 anos, que poderán acompañar dúas persoas adultas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará