Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obras municipais en camiños de Chapela e Cabeiro

RR_Noticias

Un total de 39.900 euros é o que se está a investir na renovación de dous camiños, o da Subida a Castañal na parroquia de Chapela e o Camiño do Campiño en Cabeiro. Unha actuación que consiste no primeiro caso na renovación do firme e no segundo na construción dun muro de contención para asegurar un lateral do camiño e garantir a seguridade dos seus usuarios.

Nestes días estase a renovar todo o pavimento da Subida a Castañal na parroquia de Chapela,  moi deteriorado debido á baixada da auga por esta rúa que presenta unha forte pendente.
A obra, que estará rematada xa nos vindeiros días, inclúe ademais da renovación do pavimento a canalización das augas pluviais para que non discorran pola estrada evitando así que se deteriore o novo firme. O Concello destina un orzamento de 25.000 euros con cargo ao remanente xerado na liquidación do ano pasado.
Por outra banda, cun investimento de 14.900 euros con cargo aos orzamentos participativos, estase a construír un muro de contención no camiño do Campiño na parroquia de Cabeiro. O muro, cunha altura aproximada de 4 metros, serve de contención para a estrada que poderá ser ampliada dotándoa dunha anchura que a fará moito mais segura para o paso de vehículos e peóns.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará