Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros lúdicos para que os nenos aprendan a importancia de colaborar na casa

RR_Noticias

A Concellería de Igualdade pon en marcha a segunda edición dos obradoiros Nós Tamén facemos, unha actividade lúdica orientada a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos nos que aprende a elaborar sinxelos traballos domésticos. Os obradoiros estanse a impartir xa en Chapela, Cesantes e a Miñoteira e están pendentes de que se cubran as prazas no Centro cultural de Cedeira, en Soutoxuste e en Cidadelle. Información no 986 408043.

A empresa Educatil é a encargada de impartir esta actividade que organiza a Concellería de Igualdade e que ten dous obxectivos principais: educar na corresponsabilidade para que os nenos e nenas aprendan que é necesarios colaborar por igual nas tarefas domésticas ao tempo que se promove a súa autoestima ao deixarlles participar xa dende ben pequenos. Así os participantes aprenderán, sempre a través do xogo, a elaborar sinxelos pratos de cociña, tender a roupa, coser botóns, poñer e recoller a mesa e outras tarefas propias do fogar. A coordinadora da actividade, Noelia Escudero, salienta a importancia de promover a autonomía dos máis pequenos “que dende idades moi temperás poden e deben aprender e axudar ao resto da familia nas tarefas propias da casa” e anima os pais a apuntalos a esta actividade na que o Concello de Redondela é pioneiro.  

Noelia Escudero Educatil
Recomenda educar aos nenos na corresponsabilidade dende idades temperás
Nenos e nenas de 4 a 14 anos
As actividades desenvólvense en diferentes centros culturais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará