Hoxe é Mércores 15 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Instituto de Chapela esixe a instalación de barreiras sonoras

RR_Noticias

O claustro do IES-Chapela nunha xuntanza extraordinaria acordou por unanimidade expresar o seu rexeitamento ás obras que realiza AUDASA para a ampliación da AP-9 a seu paso polo barrio de Igrexa. Unhas obras que afectan aos terreos e as instalacións do centro educativo ao incrementar o ruído que deben soportar nas aulas e por estar previsto que se invada unha parte dos terreos do instituto para ampliar as beirarrúas do Camiño do Torreiro e crear prazas de aparcamento.

O claustro de profesores remitiu un escrito ao xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares no que manifestan o seu rexeitamento a cesión de terreos para ampliar as beirarrúas do Camiño do Torreiro e habilitar catro prazas de aparcamento. Explican que esta actuación “invade unha parte considerable dos terreos onde está ubicada a vivenda do conserxe, afecta tamén de cheo ao depósito subterráneo de gasóleo que abastece ao instituto e á boca de entrada de combustible situada no propio Camiño do Torreiro”.
Por outra banda, e tal como xa fixeron en numerosas ocasións, volven reclamar que se instalen barreiras sonoras que amortezan os ruídos dos coches que circulan preto das fiestras do edificio e esixen “que AUDASA se comprometa por escrito a incluír no seu proxecto de ampliación da AP-9, a instalación de barreiras de son a seu paso polo IES Chapela”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará