Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños e comerciantes esixen a creación dun aparcadoiro alternativo na Avenida de Vigo

RR_Noticias

En Chapela existe preocupación polas posibles consecuencias das obras de humanización na Avenida de Vigo. Os traballos eliminarán unhas 75 prazas de aparcamento na zona comercial da rúa, polo que veciños e comerciantes demandan a construción de zonas de estacionamento alternativas. Propoñen a construción dun aparcadoiro soterrado na alameda, ou que se habilite a antiga estación de renfe, agora abandonada.

Denuncian que actualmente xa son “moi escasas” as prazas que existen, o que provoca dobre fila e colapso nas horas punta. Auguran que a eliminación das escasa zonas que existen para o estacionamento suporá un grave prexuízo para os negocios. Nesta contorno concéntrase o Mercado Municipal, entidades bancarias, comercios, supermercado, farmacia e varios locais de hostalaría. Os vendedores da praza de abastos amósanse moi preocupados. Afirman que as ventas “xa escasean” no mercado, e auguran que a eliminación de aparcamentos fará que a situación empeore. Peregrina, unha das peixeiras, asegura que sen un aparcamento alternativo, o mercado terá os días contados. Explican que moitos dos seus clientes achéganse á praza desde outros puntos de Chapela, e mesmo de fóra da parroquia. Se non teñen onde estacionar, “irán facer a compra a grandes superficies onde teñen máis comodidades”, segundo sinala Jose, outro dos vendedores. Non só no mercado, noutros establecementos da zona tamén teñen o mesmo temor. Jose Antonio, que rexenta unha carnicería na Avenida de Vigo, propón a construción dun aparcadoiro na estación de Renfe, agora abandonada, para resolver o problema. Tamén os veciños se amosan preocupados, advirten que a situación do tráfico “xa é complicada a día de hoxe”, e que será aínda peor coas obras de humanización. Os traballos realizaranse ao longo dun quilómetro cun orzamento de 2,3 millóns de euros, e comezarán no primeiro trimestre de 2017. Segundo a Consellería de Infraestruturas ampliaranse as beirarrúas e melloraranse servizos como o abastecemento de auga e saneamento, a iluminación e as canalizacións eléctricas. Na intersección do acceso a Pescanova construirase unha rotonda “rebasable” para facilitará a saída de camións. Unha medida que, segundo os veciños, non resolverá os problemas de cirulación do tráfico pesado na zona. Paco apunta que a única solución efectiva sería “eliminar” os grandes camións do centro urbano habilitando un acceso alternativo polo litoral de Rande Cortes no alumeado público Outro dos problemas que denuncian os residentes da zona, son cortes no alumeado público. Aseguran que son continuos e afectan á avenida de Vigo, sobre todo nos tramos extremos, cara As Catro Pontes e a Encarnación. Explican que nestas zonas tan só se prenden as farolas dunha das beiras da rúa, e que algúns tramos quedan “a escuras”. Aseguran estar “fartos” de chamar ao Concello para denunciar a situación, e sospeitan que se trata dunha “medida de aforro” do goberno local. Residentes como Leticia, dubidan que sexa unha “casualidade” que as avarías se produzan sempre nas mesmas zonas. Desde a concellería de Vías e Obras atribúen os cortes de luz “á mellora na seguridade” da rede eléctrica. Explican que cando se produce calquera problema na rede o diferencial salta “por seguridade”.

Peregrina vendedora do Mercado
Advirte que sen prazas de aparcamento o comercio local non sobrevivirá.
Jose peixeiro
Afirma que se os seus clientes non atopan zonas onde estacionar irán a mercar ás grandes superficies.
José Antonio carniceiro
Propón que se habilite a estación de tren abandonada como zona para aparcar.
Alberto veciño de Chapela
Asegura que xa actualmente hai problemas para estacionar en Chapela e coas obras será peor.
Baixada a Pescanova
Unha rotonda rebasable no cruce non será unha solución segundo Paco. Propón que o tráfico pesado sexa desviado polo litoral de Rande.
Cortes de luz no alumeado público
A iluminación escasea nalgúns tramos da avenida de Vigo. Leticia dubida que se trate de avarías e pensa que é unha medida de aforro do Concello.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará