Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dúas afeccionadas do Choco gañadoras do concurso Quen é a muller da foto?

RR_Noticias

O Choco dá a coñecer que dúas das súas afeccionadas acertaron a adiviña coa que a entidade quixo estimular a captación de abonos durante os últimos meses. Mari Cruz Bastos e Mari Quinteiro cumpriron os requisitos e descubriron que Carmela Rafael “a do Porrón” era a muller do cartel. Deste xeito, as seguidoras recibirán os dous principais premios en xogo, un abono anual e unha camisola da nova equipación do equipo.

Debido ó reducido número de gañadores, o sorteo farase no mesmo campo de Santa Mariña no descanso do vindeiro partido na casa do equipo, que será o próximo 4 de decembro ante o Compostela. A intención da xunta directiva do club e que sexa a propia Carmela Rafael, socio nº1 da entidade, a que faga a entrega dos obsequios ás dúas afeccionadas que acertaron a adiviña da campaña. Deste xeito, a xornada tamén servirá de recoñecementos para estas tres importantes seareiras do equipo.
Un dos premios da campaña é a camisola da nova equipación do Choco que foi estreada na vitoria do pasado domingo ante o As Pontes en Santa Mariña. A elástica mantén as características habituais da entidade co color vermello, pero engade varios elementos especiais que están relacionados coa historia do club e a vila de Redondela. O club tamén dispón dunha segunda equipación e dunha terceira. Nos vindeiros días, as prendas serán presentadas de xeito oficial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará