Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

60 comercios súmanse ao Black Friday en Redondela

RR_Noticias

Os establecementos comerciais de Redondela ofrecerán mañá venres descontos e ofertas variadas para atraer aos clientes nunha xornada importada dos Estados Unidos. O Black Friday ou venres negro pretende animar un mes tradicionalmente  baixo en canto as ventas e supón ademais o pistoletazo de saída para a campaña de Nadal. A Asociación de Empresarios pon en marcha nesta terceira edición unha aplicación móbil “Redondela de cerca” que servirá para que todos os clientes coñezan as novidades no comercio local.

Roupa, menaxe, tecnoloxía, complementos… o comercio local apúntase por terceiro ano ao Black Friday, unha moda chegada dende os Estados Unidos que cada vez ten máis adeptos na nosa contorna. De feito ,nesta ocasión son 60 os comercios que se suman a esta iniciativa coordinada dende a Asociación de Empresarios. Os descontos e as ofertas durante a xornada de mañá variarán dun comercio a outro, aínda que se estima que as rebaixas serán de media dun 20% sobre o prezo orixinal. Como novidade, a Asociación activa a partir de hoxe unha aplicación móbil que poderemos descargar no teléfono e que nos achega información sobre os comercios (campañas, produtos, ofertas…) e que presenta outras sección sobre hostalaría e gastronomía, eventos que se realizan no concello e tamén que ver cando alguén nos visita. A aplicación chámase “Redondela de cerca” e estará plenamente operativa a partir de hoxe polo que xa poderemos consultar os comercios que participan do Black Friday e qué ofertas ofrecen.  

Julia Alonso técnica Asociación empresarios
60 comercios de todo tipo de produtos ofrecerán rebaixas e descontos
Redondela de cerca
Unha aplicación móbil que está xa operativa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará