Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento pecha o tráfico na N-555 entre Redondela e Peinador para realizar obras de drenaxe

RR_Noticias

A estrada N-555 que comunica Redondela con Peinador permanecerá pechada ao tráfico a partir de hoxe luns e ata o 16 de decembro por mor das obras que se van realizar nun tramo da estrada, ao seu paso por Negros, para construír unha canle para o paso da auga. O obxectivo é construír un sistema de drenaxe cun tamaño axeitado para dar cabida aos eventuais arrastres de material, nunha zona que no asado inverno viuse moi afectada polas inundacións. Os traballos interromperán por completo a circulación e estableceranse vías alternativas.

Durante o tempo que dure o corte na estrada, practicamente un mes, en sentido Peinador sinalizarase o corte indicando como ruta alternativa a N-550 en dirección os Valos, lugar no que os vehículos poderán dirixirse ao aeroporto a través das estradas municipais da Igrexa-Vilar de Infesta e Peinador-Os Valos.
No que se refire ao sentido Redondela a ruta opcional será polas vías municipais de Baixada os Eidos de Vilar e A Igrexa-Vilar de Infesta ata os Valos.
Dende hoxe habilitaranse dúas rotondas provisionais en ambos sentidos de circulación da N-555 para que os vehículos poidan dar a volta no caso de descoñecer este corte de tráfico.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará