Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A instalación do alumeado de Nadal antes de rematar a contratación debeuse a un malentendido

RR_Noticias

A voceira do goberno local, Carmen Amoedo, asegura que en canto se tivo coñecemento de que esta empresa estaba a traballar na colocación das luces “paralizouse de inmediato”. Asegura que todo responde a un malentendido “a empresa deu por feito que ao ter presentado a oferta máis económica ía ser a adxudicataria, pero a decisión aínda está pendente dun informe do arquitecto”. Os socialistas denunciaron este feito que cualificaron de “extrema gravidade”.

A empresa que fixo a proposta máis económica para o Concello entendeu que a adxudicataria ía ser ela, por iso comezaron a colocar o alumeado. “Foi todo un malentendido” explica a voceira do goberno local Carmen Amoedo, quen engade que de xeito inmediato en canto se tivo coñecemento procedeuse a paralizar a instalación, de feito a empresa colocou tan só 6 arcos de luces”. A adxudicación está pendente dun informe do enxeñeiro e está previsto que quede resolta na xornada de hoxe. En caso a adxudicataria sexa outra empresa procederán a retirada das luces xa colocadas”. O PSOE denunciaba este feito, que cualificaban de extrema gravidade, ao considerar “que o goberno se salta os procesos administrativos de contratación”. Amoedo insiste en que foi un malentendido e cualifica este proceso de contratación como “moi beneficioso para as arcas municipais, ao pasar de 56.000 euros a 32.000 o que vai custar a colocación do alumeado para as festas do Nadal, Choco e Coca”.  

Carmen Amoedo PP
A voceira do goberno explica que a empresa comezou a colocar as luces por un malentendido pero que se paralizou de inmediato
Un contrato beneficioso
Un erro que ao entender do goberno do PP non debe oscurecer un contrato que supón un aforro para o ocncello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará