Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodosa Chapela faise co derbi

RR_Noticias

Os de Fran Teixeira seguen enganchados aos postos de cabeza logo de facerse co derbi local ante a SAR Plastic Omnium. Un partido que se inclinou do lado dos de Fran Teixeira na segunda metade. Na Honra Prata Feminina a SAR perdeu o liderado ao sufrir a primeira derrota da temporada en Palencia, e o Rodosa perdeu en Chapela ante o Pereda.

Primeira Nacional Masculina
SAR Plástic Omnium 23-28 Rodosa Chapela
Os resultados colleitados nas oito xornadas previas apuntaban ao Rodosa Chapela como favorito deste derbi, pero o certo é que o triunfo non foi doado para os pupilos de Fran Teixeira. Nos primeiros minutos dominou a SAR. Os de Carlos Rey fixeron gala dun bo xogo que lles permitiu poñerse por diante cun marcador de 6-5 no primeiro cuarto de hora. Custoulle tempo ao Rodosa Chapela meterse no partido. No minuto 20 chegou o empate co 8-8, e a partir de aí os Teixeira puxéronse por diante no marcador. O equipo visitante mesmo chegou a adiantar aos locais de 7 goles. Unha vitoria que pon ao Balonmán Chapela na cuarta praza do grupo, empatado cos terceiros, que son o Lalín, e a un punto dos postos de fase de ascenso.O sábado recibirán en Chapela ao Luceros, situado no ecuador da táboa. Mentres os de Carlos Rey baixan posicións, son 10º, e xogarán no Morrazo ante o Atl. Bueu, outro dos equipos que aspiran a engancharse na cabeza da táboa.
División de Honra Prata

Palencia 24-23 Rodavigo SAR
As de Lisardo Covelo “Chini” perderon o liderado en Palencia ao sufrir a primeira derrota da temporada, logo de que as locais as adiantaron pola mínima diferencia. Logo deste desprazamanto, a SAR ocupa a terceira praza, empatadas con Carballal que son segundas, e a un punto do novo líder, o Oviedo. A próxima cita será en Redondela ante o Tejina, equipo situado na metade da táboa.
Rodosa Chapela 19-27 Pereda
O Rodosa Chapela segue afundido no pozo da táboa logo da avultada derrota ante o Pereda. Na próxima xornada teñen un partido trascendental, xa que se miden a un rival directo, o Valladolid, co que están empatadas na parte baixa da clasificación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará