Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Colexio de Laredo gaña o concurso “Acuicultura somos Todos” do Instituto Oceanográfico de Vigo

RR_Noticias

Unha curtametraxe elaborada polos alumnos e profesores do ciclo de educación infantil ven de recibir o galardón convocado polo Instituto oceanográfico vigués co fin de conmemorar o día da acuicultura que se celebra o 30 de novembro. O equipo de educación infantil presentou unha creativa curta de 5 minutos na que representan como viven a cultura marítima no centro, traballando diferentes técnicas de animación, cromas, arduinos, a expresión e a dramatización. O vídeo estrarase na páxina web do centro (www.ceiplaredo.como) o 30 deste mes.

Os premiados recibirán un lote de material didáctico relacionado coa acuicultura e o día da acuicultura visitarán as planta de cultivos do centro oceanográfico, xornada na que participarán nunha mostraxe biolóxica. Ademais cada un dos participantes recibirá un diploma acreditativo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará