Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O premio de poesía Manuel Lueiro Rey confía en igualar o número de participantes de anteriores edicións

RR_Noticias

Carmen Carreiro da Asociación de Veciños de A Laxe , organizadora do certame en colaboración co propio concello de Fornelos, entende que os premiados en anos anteriores como Silvia Penas (2013), Eli Ríos (2014), Luís Valle (2015) e Marcos Abalde (2016) abalan a calidade dun premio que serve para difundir a poesía e para dar a coñecer o propio concello a través da cultura. Confía en que o cambio de datas nesta edición non se traduza nun número menor de participantes.

A V edición do premio de poesía Manuel Lueiro Rey, mantén até o próximo día 15 o prazo de presentación dos traballos. Unha das novidades desta quinta edición é o cambio de datas, tanto da convocatoria como do fallo do xurado, que se dará a coñecer na primeira quincena de xaneiro. O premio está dotado con 2.500 euros e as bases poden consultarse na web do Concello de Fornelos: www.fornelos.com. Poden concorrer a este certame as persoas que o desexen cos seus poemas escritos en lingua galega. Os poemarios aspirantes ao premio serán de tema e forma libres cunha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. Para participar deberanse enviar 4 exemplares da obra mecanografados sen remite identificador ao enderezo: V premio de poesía Manuel Lueiro Rey Concello de Fornelos de Montes Praza da Igrexa, 1 36847 Fornelos de montes (Pontevedra) Ademais da contía económica o premio inclúe a publicación da obras gañadora en Edicións Xerais.  

Carmen Carreiro organizadora do certame
Salienta a repercusión do premio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará