Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reparto de composteiros e charla de Medio Ambiente sobre tratamento do lixo orgánico

RR_Noticias

A Concellería de Medio Ambiente repartirá este mércores os 70 composteros individuais entre aqueles veciños que os solicitaron e acudan a unha charla explicativa sobre a compostaxe que se celebrará o vindeiro mércores, ás 20.00 horas, no Multiusos da Xunqueira. O acto estará dirixido por persoal de Sogama, que asesorará aos veciños sobre a utilización dos composteiros para sacarlles o mellor partido.

Posteriormente, o sábado 19 á mesma hora, impartirase outra charla na Casa da Cultura de Redondela centrada na posta en marcha dos composteiros comunitarios instalados na zona de Salgueiral, e tamén se fará entrega dos caldeiros de recollida da materia orgánica aos veciños que se adhiran ao proxecto.
O Concello de Redondela quere apostar pola compostaxe como medio de eliminación e redución dos residuos urbanos e espera unha boa acollida destas iniciativas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará