Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito infrinxe unha contundente derrota o Arealonga

RR_Noticias

Derbi entre os dous equipos de Chapela que militan na autonómica sur de fútbol sala. Encontro disputado no pavillón de Redondela no que o Campito amosouse intratable infrinxindo unha dura derrota o seu rival que perdía o partido por 1-9. O Redondela FS xogaba na casa, pero o apoio da bancada non foi suficiente para vencer ao Cereixa Gondomar que se impuxo cun axustado 3-4.

Os dous equipos de Chapela chegaban a este derbi necesitados de puntos por atopárense nos postos baixos da táboa. Un enfrontamento que non deu oportunidade ao Arealonga ante un Campito claramente superior como o amosa o avultado marcador final de 1-9. Un Campito que se sitúa na decimo primeira praza do grupo e que se enfronta na vindeira semana a un rival directo. Volven xogar en Chapela e reciben ao Tui,
O Arealonga deberá esquecer esta dura derrota porque na vindeira semana teñen un contrincante difícil, visitan o campo do cuarto clasificado, A Quinta de Tui.
Pola súa banda o Redondela, que sufría tamén un revés coa súa derrota ante o Cereixa Gondomar por 3-4, xogan o vindeiro sábado contra o Sporting Manzaneda, ambos os dous equipos situados na metade da táboa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará