Hoxe é Sábado 12 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Paula Carballeira inaugura o ciclo de tradición oral de Pazos de Borbén

RR_Noticias

O programa, organizado pola Biblioteca municipal e patrocinado pola Deputación, vaise desenvolver durante todo o mes de novembro con actuacións os venres ás 20:00 horas no Auditorio Municipal. Pasarán polo escenario Santi Prego, Celso Fernández Sanmartín e Charo Pita. A entrada é de balde.

A inauguración deste ciclo terá lugar este venres día 4 co espectáculo “Os contos que non me contaron” unha escolma de historias a cargo de Paula Carballeira. O día 11 de novembro a quenda será para Santi Prego quen achegará o seu espectáculo “O teatro máis pequeno do mundo” onde ofrecerá un repertorio de contos e historias con toques de maxia, poesía e humor. Celso Fernández Sanmartín actuará o 18 de novembro presentando “Contos que non falten” e pechará o festival a contadora Charo Pita con “Contos de amor, erotismo e morte”.  

Paula Carballeira
Monólogos divertidos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará