Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rodavigo SAR, suma e segue

RR_Noticias

Logo da vitoria ante o Seis do Nadal, o equipo de Elisardo Covelo “Chini” é lider da Honra Prata en solitario, e o único invicto da categoría. Neste comezo de liga están a superar todas as espectativas, e confían en garantir canto antes a permanencia para soñar con outras metas. O sábado viaxan a Canarias para medirse ao Morro Jable.

As xogadoras redondelás están a demostrar un excelente nivel de xogo. Na pasada xornada impuxéronse ás viguesas do Seis do Nadal nun gran encontro disputado no Pavillón da Marisma. As redondelás ocupan o posto máis alto da táboa en solitario. No que vai de liga contan todos os partidos por vitorias, e son as máximas anotadoras do campionato. Uns resultados que como recoñece o adestrador, son “moito mellores” do que estaba previsto. Esta División de Honra Prata está a ser moi competitiva, hai moita igualdade. A diferenza coa pasada campaña “non hai un equipo que sexa moi superior aos demais”, polo que a maioría dos encontros rematan con marcadores “moi axustados”. “Chini” augura que ata a recta final da liga non se saberá que equipos pasan á fase de ascenso. Mentres as de Redondela seguen adestrando e xogando a un gran nivel. O sábado viaxan a Canarias. Visitan a pista do Morro Jable, en Fuerteventura, equipo que debuta na Honra Prata e que se sitúa na metade da táboa. O técnico tan só as coñece de ver algún video dos seus partidos, e garda un partido “complicado”. O encontro será o sábado ás 20.00 horas.    

Elisardo Covelo "Chini" adestrador
O técnico salienta o bo comezo de temporada das xogadoras.
Liga competitiva
Chini fala dunha liga moi igualada e competitiva na Divisón de Honra Prata.
Morro Jable-Rodavigo SAR
O sábado viaxan a Fuerteventura para medirse ao Morro Jable que debuta na categoría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará