Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a compostaxe comunitaria coa instalación dos composteiros no Salgueiral

RR_Noticias

Os 140 veciños que se sumaron á iniciativa serán chamados a vindeira semana a unha reunión co mestre composteiro e se lles entregará un caldeiro axeitado para almacenar nas vivendas os restos orgánicos. Uns desperdicios que serán depositados nalgún dos 8 recipientes que a Deputación instalou esta fin de semana no Salgueiral. O concello confía en que a experiencia sexa todo un éxito o que suporía un beneficio medio ambiental e económico. O compos resultante será empregado para abonar diferentes zonas verdes do concello.

O Concello de Redondela conta xa cos 8 composteiros comunitarios que darán servizo aos veciños za dona do Salgueiral. Para poñer en marcha a experiencia habilitouse a parcela instalando tamén unha fonte que permitirá aos participantes na experiencia piloto lavar os seus caldeiros unha vez deposites os restos orgánicos nos contedores. Para que todo se faga axeitadamente está previsto que na vindeira semana un mestre composteiro da Deputación convoque as 140 familias que se sumaron a iniciativa para trasladarlles as instrución concretas que deben seguir para que a experiencia sexa un éxito. Lembra o edil Miguel Angel Alvarez que a iniciativa está aberta a que se sumen máis participantes previa inscrición no departamento de medio ambiente e apunta tamén que o obxectivo será expandirse a outras zonas do concello. Segundo explica o concelleiro, a iniciativa ten unha dobre finalidade: diminuír a cantidade de lixo que vai ao colector verde, abaratando así a súa xestión e traslado a Sogama que lle supón máis dun millón de euros anuais ás arcas municipais, e por outra banda, elaborar un abono orgánico que será empregado nas zonas verde do concello “evitando así que teñamos que compralo”.  

MIguel Alvarez Ballesteros edil de Medio Ambiente
Os composteiros están xa instalados
Funcionamento
Un mestre composteiro guiará aos participantes
Expandir a iniciativa
Esta é unha experiencia piloto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará