Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cando o balón non entra

RR_Noticias

O Choco foi superior no partido disputado ante o Ribadumia, tivo moitas ocasións, penalti incluído, pero o gol non chegou. Finalmente empate a ceros, un punto importante para os de Marcos Montes pero que sabe a pouco ante as numerosas ocasións desaproveitadas polos de Redondela para poñerse por diante no marcador.

Terceira División
Choco 0-0 Ribadumia
Os locais fixeron todo o que tiñan que facer. Saíron concentrado ao terreo de xogo, desplegaron o seu fútbol, e foron os donos do balón desde o comezo do partido. E as ocasións de gol foron chegando ante un Ribadumia que se centraba en defenderse, mesmo recorrendo ás faltas, sumando seis cartolinas amarelas en todo o encontro. Pero o gol non chegaba. Marcos Pérez superou a Borja Sáez na área e forzou unha pena máxima. Pero desaproveitouna Félix cando faltaban vinte minutos para o final. Non deixaron de tentalo os de Marcos Montes, pero o balón non entrou entre os tres paus. O Choco suma un punto, importante pero non suficiente para deixar os postos de descenso. A próxima fin de semana xogan no campo do Céltiga, situado no ecuador da clasificación.
Choco: Cortegoso, Gonzalo, Yago Vázquez, Lucas, Alberto Rei, Alberto Suárez, Marcos Pérez, Gabi Misa, Comis, Oki (Richi, min. 58), Félix Rial (Óscar Pérez, min. 71).
Ribadumia: Manu Tábaos, Sáez, Rafita (Somozas, min. 25), Miguel Vázquez, Iago Martínez, Stephane Tape, Agustín Etcheverry (Ardanaz, min. 65), Reigosa (Vidal, min. 46), Hugo, Adrián Camiño, Fran Fandiño.
Árbitro: Gustavo Vidal Fonseca. Mostrou cartolina amarela a Marcos Pérez e Comis polo Choco e a Reigosa, Stephane Tape, Hugo, Sáez, Fran Fandiño e Vidal polo Ribadumia.
Segunda Autonómica

Sampaio 0-0 Choco B
O filial perdeu o liderado ao non pasar do empate no campo do Sampaio. A próxima xornada reciben en Santa Mariña ao Ribera, da parte baixa da táboa.
Vilagarcía 1-4 Arcade
O Arcade foi moi superior ao pechacancelas, e gañou sen problemas en Vilagarcía cun avultado marcador. A próxima xornada recibe en Arcade ao Mosteiro, un punto por riba dos de Soutomaior.
Terceira Autonómica
Casablanca 2-6 Chapela
Os de Chapela lideran a táboa logo de gañar por goleada ao pechacancelas, o Casablanca. A próxima xornada reciben ao Nespereira, interesante derbi comarcal ante os de Pazos de Borbén, situados na metade da táboa.
Peñasco 7-0 Peña Beretes
O Beretes Chapela non sae do pozo da táboa, penúltimo clasificado logo de caer goleado ante o Peñasco. A próxima xornada reciben ao Lavadores.
At. Vilar descasou. Na próxima xornada reciben ao Peñasco.
At. Estación 0-1 Cesantes
Un único gol de Canario deu a vitoria aos redondeláns no campo do que ata entón era un dos líderes do grupo, o Atl. Estación. Partido moi intenso do Cesantes, que mesmo aguantou a vantaxe cun home menos durante case toda a segunda parte, logo da expulsión por dobre amarela de Cadilla. Na próxima xornada, o Cesantes que agora é 5º, recibirá ao E. Dorada, da parte baixa da táboa.
Nespereira 2-3 Balaídos
Derrota do Nespereira nun encontro moi disputadao entre os dous rivais e con moitos goles.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará