Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Teatro Ensalle presenta en Redondela “Las calles corrían por las calles”

RR_Noticias

Teatro Ensalle é unha compañía vinculada a sala alternativa homónima que funciona en Vigo dende o ano 2003. Un espazo que aposta por narrativas escénicas emerxentes e unha compañía que ten en cartel diferentes obras entre as que se atopan a que este sábado poderemos ver en Redondela “Las calles corrían por las calles” dentro do ciclo do Outonoteatro.

Baixo a dirección de Pedro Fresneda, autor do texto e responsable tamén da iluminación, os actores Raquel Hernández, Artús Rei e María Costa poñen en escena a obra “Las calles corrían por las calles” un espectáculo que leva dous anos xirando por diferentes teatros de toda España pero tamén por México e Arxentina. Unha proposta alternativa que anima ao público a reflexionar e que transmite “moita enerxía” cuns actores que fan un intenso traballo físico e actoral ao longo da hora de duración da obra. As entradas, a un prezo de 5 euros público en xeral 3 euros entrada reducida, poden retirarse no Multiúsos da Xunqueira, lugar no que terá lugar a representación mañá sábado ás 20:00 horas.  

Pedro Fresneda director
Unha obra que transmite enerxía

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará