Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Curar con plantas, un obradoiro para aprender a elaborar xaropes e tinturas

RR_Noticias

A asociación Maimiña organiza este sábado día 22 no Centro Cultural de Ventosela e o día 5 de novembro na Asociación de agricultores do Viso un curso práctico no que se aprenderá aos asistentes a elaborar de xeito natural xaropes, tinturas e infusións. Un obradoiro para coñecer os efectos terapeuticos de alimentos tradicionais e plantas naturais.  As persoas interesadas poden informarse no teléfono 687126322.

Todos coñecemos certos efectos terapeuticos de plantas como a macela, que serve para paliar dores de estómago e problemas dixestivos ou o eucalipto moi empregado para tratar catarros e arrefriados. Pero son moitas máis a plantas e os alimentos tradicionais que existen ao noso arredor e que podemos empregar de xeito doado para tratar determinados problemas de saúde como os respiratorios ou de pel. A cebola, o allo, o xenxibre e o limón son algúns deses alimentos que forman parte da nosa despensa e cos que podemos elaborar infusións, xaropes ou tinturas. Tamén plantas mediciñais como a ortiga ou a leituga do monte tan comúns na nosa contorna e cos que se poden elaborar eficaces xaropes. De todo isto falarase no taller que imparte a Asociación Maimiña e que se desenvolverá este sábado de 10:00 a 13:30 horas no Centro Cultural de Ventosela e o día 5 de novembro de 17:00 a 20:30 horas no Viso. Un taller eminentemente práctico no que os participantes aprender a elaborar estes remedios que se recomenda ter na caixa de emerxencias e que servirán para paliar doenzas menores que non precisan de medicación.  

Obradoiro práctico
Aprenderase a facer tinturas e xaropes
Plantas medicinais e alimentos
Produtos variados ao noso arredor cos que se poden preparar remedios caseiros

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará