Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pon en marcha a compostaxe comunitaria

RR_Noticias

A finais de mes comezará a funcionar na zona do Salgueiral un centro de compostaxe comunitaria integrada por un total de 8 recipientes de recollida nos que os veciños poderán depositar eses restos que adoitan ir parar ao contedor verde. A iniciativa conta coa participación inicial de 150 persoas e busca reducir o impacto ambiental así como rebaixar os gastos asociados á recollida e tratamento do lixo. Medio Ambiente colocará ademais tres composteiras no cemiterio municipal destinadas á recollida das flores.

A Concellería de Medio Ambiente ultima os pasos previos para a posta en marcha do primeiro centro de compostaxe comunitaria que funcionará en Redondela. A súa ubicación será na zona do Salgueiral, lugar elixido pola elevada concentración de edificios. Con todo, o responsable do departamento, Miguel Angel Alvarez, non descarta que se poida ampliar a iniciativa a outras zonas do concello en función da demanda e colaboración veciñal. Neste “proxecto piloto” participarán ao redor de 150 veciños aos que se lles entregará un recipiente específico para depositar os restos que logo deberán trasladar ao composteiro comunitario. Para asegurar a boa marcha do proxecto impartiranse charlas informativas e un técnico da Deputación será o encargado de xestionar o funcionamento. Segundo explica o concelleiro, a iniciativa ten unha dobre finalidade: diminuír a cantidade de lixo que vai ao colector verde, abaratando así a súa xestión e traslado a Sogama que lle supón máis dun millón de euros anuais ás arcas municipais, e por outra banda, elaborar un abono que será empregado nas zonas verde do concello “evitando así que teñamos que compralo” A Concellería completa esta acción coa colocación de tres composteiros no cemiterio municipal. “Buscamos evitar que a materia orgánica que supoñen todas esas flores acaben no colector e en Sogama, co custe que iso leva aparellado”.  

Miguel Angel Alvarez edil Medio Ambiente
O proxecto implantarase na zona do Salgueiral
Charlas informativas
Os participantes recibirán unha preparación básica
Beneficios económicos e ambientais
Abaratar custes e facer abonos
Composteiros no cemiterio
Para a recollida das flores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará