Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG cualifica de “indecente” ao PP por manter pechado o Centro de Día de Cesantes

RR_Noticias

Membros do BNG de Redondela, acompañados pola candidata nacionalista ás eleccións galegas, Montse Prado, realizaron este mediodía un acto reivindicativo ante o Centro de Día de Cesantes. Alí esixiron ao goberno autonómico a súa inmediata apertura, unha vez que o edificio está rematado desde 2012.

A deputada Montse Prado cualificou de “indecente” a actitude do goberno de Feijóo, que mantén pechadas unhas instalacións “moi necesarias” para os veciños de Redondela. Lembra que hai xa catro anos que remataron as obras do edificio, e denuncia que malia as continuas promesas do Partido Popular, as instalacións seguen pechadas sen que haxa unha data para a súa posta en funcionamento. Advertiron os nacionalistas que o edificio, financiado con 2 millóns de euros de cartos públicos, presenta “un evidente estado de deterioro”, polo que será precisa unha nova partida orzamentaria para facer os arranxos necesarios. Unha situación que para Prado é unha “malversación” de fondos públicos por parte do goberno popular. A candidata ás eleccións do próximo 25 de setembro anunciou tamén o compromiso do BNG para poñer en funcionamento o Centro de Día de Cesantes “de inmediato” en función das responsabilidades que teñan despois dos comicios.  

Montse Prado BNG
Cualifican de indecente a postura do PP sobre o Centro de Día de Cesantes.
Deterioro do edificio
Prado fala de malversación de fondos públicos na xestión deste inmoble.
Compromiso do BNG
Os nacionalistas comprométense a abrilo de inmediato se teñen responsabilidade de goberno.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará