Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jacobo Amoedo: “Quero aproveitar ao máximo esta oportunidade na 1ª División de Italia”

RR_Noticias

O xogador de fútbol sala, formado nas bases do F.S. Pazos de Borbén, deixa o deporte “amateur” para fichar polo Latina Calcio A5, que milita na Primeira División italiana. Toda unha carambola do destino logo de que decidira abandonar o Bembrive F.S. da Segunda B pola incompatibilidade cos seus compromisos laborais.

Coas maletas feitas para viaxar o sábado ao seu novo destino, este mozo de Pazos de 23 anos está a vivir “un soño feito realidade”. E recoñece que o factor “sorte” tivo moito que ver. A oportunidade chegoulle da man dun compañeiro do equipo vigués, Marcelo Fabián Giménez “Chelito”, que fixo a viaxe á inversa. El foi o que contactou coa directiva do equipo italiano e lles falou desta promesa do fútbol sala galego. A confianza do equipo Latina no veterano xogador Chelito foi suficiente para que aceptaran a proposta. Jacobo Amoedo advirte que viaxa “case a cegas” xa que non coñece do club italiano máis que uns vídeos que puido ver en internet. É consciente de que seá “un gran salto de nivel” e para iso está a prepararse fisicamente. O adestrador do combinado italiano envioulle un plan de traballo que está a seguir nas últimas semanas. Terá que poñerse a punto en tempo marca, xa que o luns comezan a pretemporada. A oportunidade que nunca tivo no fútbol sala profesional en España, atopouna no país transalpino, e está decidido a aproveitar “esta gran oportunidade”.  

Jacobo Amoedo xogador de fútbol sala
Amoedo quere aproveitar ben esta gran ocasión que lle brinda o destino.
Rumbo a Italia
A través do seu ex compañeiro Chelito do Bembrive F.S. chegoulle esta oportunidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará