Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carmen Amoedo: “A tramitación do PXOM de Redondela non se parou nin un segundo”

RR_Noticias

A concelleira de Urbanismo, Carmen Amoedo, rexeita así as críticas do grupo municipal socialista, e explica que o goberno local “se anticipa” a nova Lei do Solo de Galicia para evitar problemas no futuro, e solicitou a suspensión da avaliación ambiental “por prudencia”.

Amoedo lamenta a actitude dos concelleiros socialistas, que alertaron da “paralización” do PXOM redondelán. Nega que os técnicos da Xunta rexeitasen o apartado ambiental do documento, e aclara que foi unha “suspensión do procedemento de avaliación”, solicitada polo propio Concello, para adaptarse á nova Lei do Solo que entrará en vigor en próximas datas. Unha decisión que adoptaron logo de manter unha xuntanza en Santiago cos responsables a Consellería na que participou o equipo redactor do plan. A concelleira de Urbanismo defende que o goberno local está a actuar “con total transparencia” na elaboración do plan urbano para Redondela, e o próximo luns, 5 de setembro, celebrarase unha xuntanza da Comisión de Seguimento do PXOM para aclarar a situación actual dos trámites. O goberno local acusa ao PSOE redondelán de crear “dúbidas e preocupación innecesarias” na cidadanía con esa alarma, e pídelles “responsabilidade” nun asunto “crucial” para o futuro de Redondela, como é o PXOM. Amoedo engade que, conscientes de que gobernan en minoría, están a buscar o “consenso” de todos os grupos políticos da corporación para sacar adiante o plan urbanístico, e ofrécese para darlles toda a información que precisen sobre os trámites que o goberno local do PP está a levar a cabo.  

Carmen Amoedo edil de Urbanismo
A concelleira explica a actual situación do PXOM que non foi paralizado.
Proceso transparente
Amoedo defende a tranparencia do goberno local na tramitación do PXOM.
Un PXOM de consenso
A edil de Urbanismo afirma que o goberno local busca o consenso de todos os grupos para sacar o PXOM adiante.
Alarma social
Amoedo acusa ao PSOE redondelán de crear dúbidas e preocupación innecesarias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará