Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Benvidos ao Cabaré!

RR_Noticias

A praza da Casa da Torre transfórmase este domingo nun cabaré do Berlín de entreguerras. O X Festival Galego de Cabaré despídese en Redondela co espectáculo Soho Cabaré. Os organizadores animan ao público a achegarse “caracterizados”, e haberá premios para os mellores.

O festival péchase este domingo, 28 de agosto, cun Soho Cabaré como gran feche a unha semana de actividades. A partires das 19.00 horas a praza da Casa da Torre vaise transforman nun auténtico cabaré berlinés, para o que animan ao público a acudir caracterizados ao estilo “cabaré”. Haberá unha zona de espectáculos, pista de baile, zona café-cantante, zona de mercado, restauración con cociña de autor e tamén bochinche e zona de barra. Todo estará amenizado por unha master class de Lindy Hop coa exhibición do grupo Swing on Vigo, un taller aberto de Hula Hop e Hula Dance a cargo da artista Alba Troiteiro, e a Gran Gala de Cabaré Berlinés atemporal a cargo dos integrantes da Compañía Nelson Quinteiro Cabaret, que encherá toda a praza de actividades, sorteos e premios para as mellores caracterizacións. O peche da festa correrá a cargo do Dilleis Petard Pop, que porán o ritmo coa música “máis petarda”.

Nelson Quinteiro
O Festival Galego de Cabaré prepara un gran espectáculo na Praza da Casa da Torre
Participación do público
Quinteiro anima ao público a acudir caracterizado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará