Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As carrilanas regresan a Soutomaior

RR_Noticias

Este domingo A Montesiña recupera a súa tradicional baixada de carrilanas computable para o Campionato Galego. A proba comezarán ás 17.00 horas organizada pola Asociación Cultural Pozovello.

Logo de catro anos as carrilanas volven a Soutomaior. A Asociación Cultural Pozovello, en colaboración co Concello e establecementos da zona, volve recuperar a competición coas súas 9 categorías computables para o Campionato Galego. As persoas interesadas poden anotarse até unha hora antes, previo pago de 20 euros se non están federados. Tamén pode facerse na páxina da federación de deportes de inercia. Ás 15.30 será a inspección técnica e ás 17:00 o adestramento para dar paso posteriormente á carreira con dúas mangas. A entrega de trofeos está prevista para as 21.00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará