Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pequenos arqueólogos na praia

RR_Noticias

Rapaces de entre 7 e 14 anos poden converterse en verdadeiros arqueólogos grazas aos obradoiros que organiza a Concellaría de Medio Ambiente nas praias de Cesantes e Chapela. Serán os días 29 e 30 de agosto en Cesantes, no areal con Bandeira Azul, e o mércores día 31 na praia de Arealonga. A actividade realízase en horario de mañá, dende as 11.00 ás 13.00 horas.

Nestes talleres os participantes poderán aprender dunha forma lúdica os segredos da arqueoloxía, o proceso científico das escavacións, a historia, o patrimonio, e outras cuestións de interese en relación á Batalla de Rande, ocorrida en 1702. A actividade estará dirixida por un arqueólogo que, acompañado de monitores, promoverán que os rapaces realicen tarefas en equipo, e incentivarán o interese pola historia e a natureza. Esta actividade é totalmente gratuíta pero é necesario reservar praza. A inscrición realizarase por rigorosa orde de reserva a través do enderezo electrónico: estela@estela.info, onde tamén poden solicitar información, enviar dúbidas ou suxestións. Con esta actividade a Concellaría de Medio Ambiente dá cumprimento tamén a unha das esixencias que a Bandeira Azul require, como é a realización de actividades de tipo educativo e ambiental.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará