Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Entroido de Verán bate marcas

RR_Noticias

Máis de 30.000 persoas visitaron Redondela esta fin de semana para gozar da fantasía, o humor e a troula na XIX Entroido de Verán. Grupos de amigos, comparsas con elaborados disfraces e familias ao completo participaron na festa con actividades para todos os públicos. Na VI Gala Drag Queen o gañador foi Ge Drag.

A festa, que organiza o Concello en colaboración coa Asociación de Empresarios volveu bater marcas de asistencia. Os servizos de autobús que esta fin de semana conectaban Redondela coas cidades de Vigo, Pontevedra e outras localidades da bisbarra quedaron escasos para dar cabida aos milleiros de mozos que se achegaron ao entroido. Este ano, fíxose fincapé no carácter familiar, programando máis actividades para os nenos con zonas infantís en varios puntos da localidade. Eventos que conviviron noutros espazos coa festa máis orientada aos mozos, onde tamén houbo escenas de botellón. Durante toda a tarde, o centro converteuse nun ir e vir de música, desfiles e actos lúdicos nas prazas, o paseo da Xunqueira e as rúas do núcleo urbano. O pasarrúas co Circo de Troula Animación deu paso á música no recinto da feira coa orquestra New York, o picadiscos Rodri Veigas, La Ricura e o dúo tinerfeño K-Narias.
VI Gala Drag Queen
A fantasía e o glamour chegaron coa VI Gala Drag Queen, presentada por Cristian, e na que se proclamou vencedor Ge Drag coa fantasía “Chica o chico? Da igual, baila conmigo”, que se fixo cos 1.000 euros do premio. O segundo clasificado, cun premio de 500 euros, foi Drag Star coa fantasía “Lucha contra tus miedos”. O terceiro premio, cun talón de 300 euros, foi Drag Sira, con “Sueños indígenas”, que tamén se alzou co premio especial para o mellor drag redondelán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará