Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Valle-Inclán de Redondela xa ten lentes

RR_Noticias

Os nenos de Redondela que participaron no obradoiro “Os lentes de Valle” da Biblioteca Municipal colocaron esta mañá uns lentes ao busto do escritor situado na praza de Figueroa. No seu manifesto, co gallo do 150 aniversario do nacemento do escritor, solicitaron que a escultura poida contar cunhas gafas “definitivas”.

Nenos e nenas participantes no obradoiro realizaron esta mañá os seus propios lentes e barbas, para transformarse nuns pequenos “Valles”, e aprenderon moitas cousas so escritor vilanovés. Logo trasladáronse desde a Biblioteca Municipal Valle-Inclán ata a Praza Figueroa para renderlle unha homenaxe ao escritor, colocáronlle uns lentes á escultura que carece deste complemento e leron un manifesto. A actividade, organizada pola Biblioteca Municipal, contou coa colaboración da Fundación Filomena Rivero Alonso.  

Manifesto
Os nenos leron un manifesto no que reclamaron uns lentes para Valle-Inclán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará